Señor Presidente, Señor Retor, Amighas e Amighos, Señoras e Señores:

            Cánto daría por atopar as palabras axeitadas prá decirvos a gratitude e aleghría, a ilusión que significa esta honra, Senén, que tedes conmigho niste día único que nunca soñei, niste 20 do mes de María, do mes das rosas, labios divinos (por eso é que todalas nosas nais chámanse María, e por eso é que sólo elas saben decir inteiro aínda que saravee no medio e medio do seu corazón, aínda que arroie no medio e medio do corazón noso). Quixera saber decir redondo ca verdá das laranxas ben amarradiñas na pola o ergher o día a emoción caudalosa que me reborda. Quixera decir ben que é un milaghro iste recado de Belén po meu pesebre onde reinan as ortighas e as espiñas e po meu candil que tan pouquecho alumbra, po meu pesebre que non está cavado na rocha nonhó, e que é de carballo retorto e mal traballado na parede do cortello dos becerros… Pero tamén din que é certo que María, a nai de Cristo, parecíase tanto ó seu fillo que os seus veciños decían: nunca unha nai se somellóu tanto ó seu fillo; e contan tamén que cando María ollaba pa il unha sonrisa nunca vista no mundo nacida recén, medraba no seu rostro, como medra a sombra dos carballos no lombo da tarde camiño da noitiña.
           
            Oxe amighas e amighos quero nombrar a Laxeiro, a Pesqueira, a Carlos Oroza, o Arturo Baltar, maestros meus que tanto me valeron e tanto me valen e que son áncora radiante e unánime da Névoa da aldea nosa, da terra nosa, e que sementaron en min e rarean en min, soños esperanzados e misterios e acios de uvas dulcísimas. E pa vos, amighas e amighos de vocación, salud e boa fortuna nos mares desta vida e que teñamos sitio na carne dos días dos nosos tempos. E pa vos, académicos e estudiantes, traballadores e empresarios, xente do agro e do mar e soñadores varios, que o misterio de Belén reine nas nosas entrañas e que entre todos amasemos o puente da vida, cariñoso, bonito, o puente da vida, sano, luminoso.

            Querido Senén Barro Ameneiro: que esta universidá campe sempre na vida de Ghalicia como a Vía Látea campa no céo, e que se abra por todos os carreiros ríos e nubes, e sea porta do sol, ámbito propicio nas nosas ansias, e que cumpla aquil deseo de Don Santiago Ramón y Cajal: a cultura consiste en darlle alas a quen ten maus, e maus a quen ten alas, pero non olvidemos que o tamaño da planta corresponde sempre ó da sua maceta. E querido Senén, que se cumpla o soño de Francisco de Asís: ¡¡¡que medre o centeo ió trigho, que en todas las carreteras, que en todos los patios, que en todas las alamedas, que en todos los campanarios do mundo os ghorriós e os paxariños todos que tanta aleghría poñen nos nosos días vivan animosos e radiantes, fartos de trigho e de centeo, quiles son xente principalísima e afinan mais e mellor ca ninguén o noso corazón!!!

            Amighas e amighos, que dentro de moitos anos  os nosos futuros dighan de nós: eran xente mañosa e coidaban das fontes, e sabían que Belén quere decir pan, e sabían que Belén quiere decir carne, e que escribíamos con punteiros na cantería das nosas casas con letras do color das cereixas ambroas polo San Guán: ¡bendito o aire que arrola a risa dos meniños, bendito o fume das casas nosas ios cómaros ias troitas ias silveiras pechiñas de moras pola santa Mariña, bendita a sombra dos castiñeiros io seu abrigho e as ourellas das lebres con arroz! ¡Benditos os de limpio corazón!

Antón Lamazares
Santiagho de Compostela, 20 de maio de 2010

 


 

 

 
© www.antonlamazares.com