Antón Lamazares (Lalín, Pontevedra, 1954) é un pintor español da xeración dos 80, igual cá José María Sicilia, Miquel Barceló ou Victor Mira. Nas súas obras, feitas sobre madeira e cartón, crea unha linguaxe propia a partir da experimentación con vernices e outras materias. O estilo de Lamazares evoluciona dende un inicial expresionismo lúdico, avanzando cara o informalismo e a abstracción, cunha deriva minimalista na súa última etapa, na que acolle o dialogo entre alma e memoria, e tamén entre sensualidade e espiritualidade, onirismo e poesía. Con unha consolidada proxección internacional, as súas pezas foron expostas en numerosas cidades de distintos continentes, e está tamén presente nas coleccións dos grandes centros da arte como o Museo Nacional Reina Sofia, o Centro Galego de Arte contemporánea ou o Museo  de Arte Contemporáneo de Madrid, así como nas mais importantes coleccións privadas e en fundacións.

Os Primeiros anos: Pintura e poesía
(Galicia, 1954-1977)

Lamazares nace o 2 de xaneiro de 1954 en Maceira, aldea de Lalín (Pontevedra, Galicia); o entorno rural da súa infancia déixalle unha fonda pegada no seo imaxinario e no seu proceso creador. Pasa gran parte dos seus estudios internado no convento franciscano de Herbón, entre 1963 e 1969; durante eses anos entregase a lectura fervente de textos literarios, sobre todo dos clásicos grecolatinos. A finais dos sesenta comeza a escribir poesía, e entaboa amizade co escritor Álvaro Cunqueiro, e tamén cos pintores Laxeiro e Manuel Pesqueira, que se converterán nos seus primeiros referentes plásticos. A súa vocación creadora comeza a desprazarse cara a pintura, optando pola formación autodidacta. Neste sentido será crucial a súa larga viaxe de 1972 por distintos países europeos para estudar de primeira man a pintura dos mestres que venera: Van Gogh, Paul Klee, Rembrandt e Joan Miró, os que logo se sumarán Tàpies, Millares, Giacometti ou Bacon, así como o arte oceánico e o medieval.

A volta quedase en Barcelona, onde traballa como obreiro da construción e estuda os seus centros de arte, especialmente as coleccións de arte románico do Museo Marés e o Museo Nacional de arte de Cataluña. Despois viaxa a Madrid, onde se reencontra co seu mestre, Laxeiro, e onde coñece o poeta Carlos Oroza, amizade que será esencial para o pintor: o intercambio entre pintura e poesía será unha constante en toda a súa obra.

No 1973, con 19 anos, empeza a expoñer as súas obras en exposicións tanto colectivas como individuais. No ano 1975 ingresa na Infantería de Mariña, en Ferrol. O 27 de setembro dese mesmo ano sorpréndeo a noticia dos últimos fusilamentos do franquismo, tralo proceso de Burgos; un dos reos executados e o seu amigo Humberto Baena, pontevedrés de 24 anos. Lamazares cae nunha fonda depresión e é internado na área de psiquiatría, durante ese período escribirá o seu poemario Adibal.

Do expresionismo e da arte povera a pintura bifronte
(Madrid-Nova Iorque, 1978-1989)

En 1978 traslada a súa residencia a Madrid, onde traba unha estreita amizade co pintor Alfonso Fraile, e tamén  coa galerista Juana Mordó, o crítico de arte e poeta Santiago Amón, e co neurólogo Alberto Portera, figura aglutinadora dun amplo grupo de artistas –escritores, cineastas, músicos e pintores– que se xuntaban os fines de semana na súa finca de Mataborricos,  onde Lamazares realiza unha exposición o aire libre en 1979. Ese mesmo ano coñece persoalmente a Joan Miró, e viaxa pola Provenza para reencontrarse coa paisaxe de artistas como Van Gogh, Picasso, Cézanne ou Matisse.

Os anos oitenta son de intenso traballo e tamén de gran proxección: antes de cumprir os trinta, a obra de Lamazares xa ten un espacio propio no panorama español e no exterior. Nas súas obras proxecta figuras de alento lúdico e onírico, de liña expresionista, cun potente cromatismo e unha poderosa orixinalidade. Expón a súa obra coa galería Juana Mordó en Madrid, con Elisabeth Franck en Bélxica e a sala Gaspar en Barcelona. De seguido trasladase a Nova Iorque, onde está dous anos cunha beca Fulbright, evoluciona cara unha concepción mais depurada e matérica,  que expón na galería neoiorquina Bruno Fachetti. Comparte a súa residencia entre Nova Iorque  e Salamanca, e no 1988 viaxa por Asia Menor –para visitar  o templo de Didima, como homenaxe ao Hiperión de Hölderlin– e a  Estambul onde o impresionan e fascinan as igrexas bizantinas e a súa imaxinería, que se pode entrever nas obras que presenta na galería Miguel Marcos, creadas por xustaposición de madeiras. En 1990 prepara unha nova serie de pezas, creadas e pensadas para ser vistas  por ambos lados, que chama bifrontes.

A pintura escultórica e de gran formato
(París -Madrid, 1990-2003)

Instalase en París durante 1990 e 1991, cunha beca da Cité des Arts, en 1991 abre un gran taller en Madrid, onde traballa nas series Gracias vagabundas e Desazón de vagabundos. En 1993 coñece persoalmente a Tàpies, e publica unha extensa entrevista que realiza co motivo de recibir este o León de Ouro da Bienal de Venecia. Invitado polo CGAC, de maio a novembro de 1996 permanece en Galicia e pinta a serie Gracias do lugar: Eidos de Rosalía, Eidos de Bama. De xuño a novembro do 1997, en Santa Baia de Matalobos (A Estrada), pinta o aire libre, Bés de Santa Baia. Ese ano coñece o escultor Jorge Oteiza, con quen mantén unha conversa de varias horas que é filmada pola cineasta Chus Gutiérrez. En 1998 pinta en Madrid a serie Titania e Brao, unha homenaxe o verán de Castela, e despois pinta a serie Pol en Adelán.

Realiza tamén tarefas de arte gráfico, como os gravados que acompañan cinco textos de Gustavo Martín Garzo no libro do artista El Canto de la Cabeza (Galería Sen, Madrid), ou as litografías que acompañan o Itinerarium de Egeria (Raíña Lupa, París), nomeado libro do ano en Francia polo Le Monde Diplomatique. En 2001 realiza unha magna exposición na Estación Marítima da Coruña, baixo o título Un saco de pan duro.

A súa obra é seleccionada para a promoción internacional polo programa Arte Español para o Exterior do Ministerio de Asuntos Exteriores (SEACEX), xunto coa de outros artistas españois como Saura, Chirino, Hernández Pijuan, Millares, Pablo Serrano, Oteiza ou Tàpies. Lamazares viaxa a Florencia e Asís, para acercarse a algunhas pezas da arte renacentista, e tamén o universo de San Francisco, o que lle adica a súa nova serie Follente Bemil.

Da abstracción o minimalismo poético
(Berlín, desde 2004)

Traslada a súa residencia a Berlín, onde vive dende 2004. Trala morte do seu pai, comeza a serie E fai frío no lume. Ten grandes exposicións en Eslovenia, e tamén no museo (igrexa) Kiscelli de Budapest (Hungría). Dedicase despois a serie Domus Omnia, e colabora cos seus gravados en outros dous libros de artista, con poemas de Oroza: Desexo sen Trámite, cunha serigrafía (Augatinta, Vigo) e Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente, con cinco litografías (Raíña Lupa, París).

En 2008 expón Horizonte sin dueño na galería Nacional de Xordania (Ammán) e unha antoloxía da súa obra gráfica no Instituto Cervantes de Damasco (Siria), onde o poeta Taher Riyad lle adica o seu poemario Cantos de Lamazares. En 2009 expón a súa obra en Nova Iorque  –no Queen Sofia Spanish Institute–, e tamén en Ourense, no Centro Cultural da Deputación. Participa tamén nunha exposición itinerante adicada o poeta Vicente Aleixandre, e recibe o premio Laxeiro pola súa traxectoria e proxección internacional. En 2010 expón a súa obra na Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela, e tamén en Tui, no festival internacional de cine –Play-Doc– presentase a longametraxe Horizonte sin dueño, realizado po los irmáns Nayra y Javier Sanz (Rinoceronte Films), un recorrido polo universo da pintura, da poesía e da natureza, a través da mirada de Antón Lamazares.

 


 

 

 
© www.antonlamazares.com